Costa Rica e Portugal

A selección para os campus de Costa Rica (abril de 2019) e de Aveiro (setembro de 2019) faise a través do congreso virtual internacional CLMNTK19. O medio de selección é á plataforma mediante a cal se expoñen, avalían e seleccionan os traballos de sensibilización ambiental. A participación nesta etapa está aberta a todos os centros educativos, sempre se cumplan as bases establecidas no procedemento de participación.

Foto 1. Costa Rica

A partir desta plataforma, levará a cabo a selección de estudantes que poderán participar nos dous campus internacionais. Por tanto, a plataforma permitirá seleccionar aos alumnos de América Latina que asistirán ao Primeiro Campus Climántica Iberoamérica (do 8 ao 12 de abril de 2019) e aos participantes de todos os países de Europa e América Latina que asistirán ao Terceiro Campus Internacional Climántica en Fábrica de Ciencia Viva da Universidade de Aveiro (do 4 ao 8 de setembro de 2019).

Foto Aveiro 1

Á súa vez faranse tres avaliacións, dúas delas para o Campus de Costa Rica, e o terceiro para o Campus de Portugal. En todos eles tomaranse en consideración todos os traballos publicados desde a posta en marcha da plataforma. Os tres momentos de avaliación (os dous primeiros para Costa Rica e o terceiro para Aveiro) son:

  1. Primeira avaliación (Costa Rica) desenvolverase entre o 15 e o 20 de febreiro, e permitirá seleccionar aos 20 representantes dos países de América Latina dos países que inician o curso en setembro.

    Foto 2. Costa Rica

  2. A segunda avaliación (Costa Rica), que se realizará do 28 de febreiro ao 3 de marzo, permitirá seleccionar aos 20 alumnos que representen aos países de América Latina que empezan o curso en febreiro, e que necesitan aloxamento. Tamén permitirá seleccionar aos 40 alumnos locais que poidan desprazarse diariamente desde San José de Costa Rica e que, por tanto non necesitan aloxamento.

    Foto Aveiro 2

  3. A terceira avaliación (Aveiro), que se realizará entre o 31 de maio e o 6 de xuño, permitirá seleccionar aos 60 alumnos dos países de Europa e de América Latina que asistirán ao Terceiro Campus Internacional Climántica en Fábrica, Centro de Ciencia Viva.

Campus de Costa rica

Foto 3. Costa Rica

Primeiro Campus internacional Climántica Iberoamérica e post-campus internacional: levarán a cabo en San José, Costa Rica, do 8 ao 12 de abril de 2019, fase campus aberto a todos os países iberoamerianos. Durante os 5 días que durará o campus, traballarase en grupos de traballo vinculados a dous tipos de proxectos, un musical e curtametraxes, que serán produtos para a sensibilización e difusión a través de internet. No postcampus, debido ao cambio de sede, que terá lugar unha vez finalizado o campus, terán prioridade, de darse limitacións de espazo, os alumnos dos tres países organizadores: México, España e Portugal. Este postcampus (opcional), centrarase no coñecemento da contorna, celebrarase entre o 13 e o 18 de abril de 2019. Os dous eventos (campus e postcampus) contarán coa participación dos alumnos e docentes seleccionados no campus virtual.

Campus de Aveiro

Foto 3. Aveiro

Terceiro Campus internacional Climántica en Fábrica Centro de Ciencia Viva de Aveiro. Este campus celebrarase en Aveiro do 4 ao 8 de setembro de acordo ao modelo seguido os dous anos anteriores. Está en estudo a posibilidade de organizar un postcampus en Galicia como xa se fixo na edición do 2017. Os obxectivos, contidos e metodoloxía son os mesmos que os do Primeiro Campus Climantica Iberoamérica.