A ANTÁRTIDA TAMÉN SOFRE
Este curto de tipo stopmotion relata a historia dun oso polar que trata de buscar comida na Antártida. Decide perseguir a un peixe e, cando sube, o xeo empeza a romperse e o oso cae á auga. Finalmente unha persoa véno rescatar e fanse amigos. Gabriel Amado García Carla García Núñez 1º ESO IES Poeta Añón (Outes)
A contaminación mariña
Este vídeo de tipo stop motion trata sobre a contaminación mariña. Con el, o noso obxectivo é dar unha idea do malo que é a cotaminación mariña tanto para os humáns e animais, como tamén o pode ser para o noso entorno. Manuel Outón Cernadas Brais Rey Coiradas 1º ESO IES Poeta Añón (Outes)
A fauna en perigo
Con este vídeo pretendemos enviar a mensaxe do perigo que supón tirar lixo o mar. É nocivo para os animais que o comen por equivocación, puidendo chegar a morrer. Lara Sieira Luhía Irene Vilariño Da Silva 1º ESO IES Poeta Añón (Outes)
Auga escura
Este vídeo relata a historia dun traballador dun pozo de extracción de petróleo. Como consecuencia dun despiste, vértese un barril de petróleo ao río e secundariamente morren algúns animais. Hugo Montero Costoya Xuan Vieites Almallo Manuel Alejandro Cepeda Araque 1º ESO IES Poeta Añón (Outes)
Auga potable (e non tan potable)
O meu traballo de tipo stop motion conta a evolución da auga potable a través dos anos, representada nun vaso e trescentas fotos. Gutier Nine Carreño 1º ESO IES Poeta Añón (Outes)
A contaminación do planeta
Este curto de tipo stop motion conta a historia dun can que está polo bosque e ve como cada vez o mundo está mais contaminado. Óscar Liñán Mara Martinez 1º ESO IES Poeta Añón (Outes)
Fábricas contaminantes
Este vídeo stopmotion conta a historia dun traballador do concello que vai facer unha revisión a unha fábrica cos seus cans. Alí atopa substancias ilegais e logo o traballador arresta ó xefe polo uso de materiais moi contaminantes e ilegais. Francisco Romero Vázquez Mateo Mayo Nimo 1º ESO IES Poeta Añón
O mono dourado ilegal
Este pequeno curto vai sobre unha nena chamada Wila que vai ao zoo e alín atópase cunha especie en perigo de extinción. Ela intenta salvar ao mono do tráfico ilegal. Daila Rial del Río Andrea Muñiz García 1º ESO IES Poeta Añón (Outes)
O monte en chamas
Este vídeo stopmotion conta a historia de dúas nenas que van pasar a tarde ao río e de súpeto o monte incéndiase. 1º ESO Ainhoa Trillo Ramos Raquel Rodríguez Fernández IES Poeta Añón (Outes)
O plástico non é comida
A historia vai sobre uns animais que saen do mar para beber. Alí había uns vasos na area e os animais metíanse dentro deles. Pasada a noite unhas mulleres que paseaban pola praia axudaron a saír aos animais de dentro dos vasos e botáronos ó lixo. Andrea Creo Tomé Martín Castro Fernández 1º ESO IES Poeta […]