Logo Congreso

Alí arriba

Valoración: 0 + Facebook: 2 = Puntuación: 2

Hai un grupo de homes con traxe;
que respiran cartos, fama, prestixio
que teñen o poder.
Dos seus cigarros sae fume gris
coma o aire que se respira nas cidades
gris e denso coma as augas contaminadas nas que xa non hai vida
cor cinza coma as tormentas que arrasan pobos enteiros.
Pero a eles non lles importa
mentres podan extraer ata a última pinga de vida
do noso planeta
queimar o último monte
e escarvar na última mina,
ata deixalo baleiro
e marchar para un novo mundo.
E quen poderá deter aos homes grises?
Sorprenderaste de saber
que a ninguén lle importa demasiado.
Que todos preferimos velos
alí arriba
comprar o que nos ofrecen
asentir caladiños
e seguilos a onde sexa.
Porque a todos nos gusta o gris
porque o gris encaixa a perfección
co mundo que estamos destruíndo .
Miraremos cara as nosas pantallas unha última vez
para grabar o momento
no que os homes grises fuxan a outro mundo
deixándonos sós
coa nosa propia destrucción.

IES Virxe do Mar (Noia, España)
4º de ESO
Noela Suárez Rodriguez

Publicado en Poesía | Deja un comentario

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *